‘No fútbol actual trabállase moito mellor que antes o aspecto físico e o táctico’

Tino Arce, seleccionador sub 14, camiño do banquiño galego. (Foto: José Martínez )
‘A selección galega sub 14 é a actual subcampiona de España. O ano pasado perdeu a final con Cataluña, o seu rival o día 22 en Ferrol, nunha nova edición do Campionato de España. O Ourensán Tino Arce é o adestrdor dos galegos. A outra semifinal enfrontará a Madrid e Andalucía.
Con qué opcións chega o seu equipo á loita polo título?

Acadamos a clasificación despois de gañar todos os partidos nas dúas primeiras fases pero Cataluña sempre é un rival fortísimo aínda que o fútbol galego de base ten demostrado nos últimos tempos que evolucionou moito. Este equipo é distinto do que foi subcampión o ano pasado. Aquel era moi forte en defensa e saía moi ben ás contras, e este, por ser técnicamente mellor, gústalle ter moito máis o balón. Será moi difícil.

Ademáis, está contando con varios xogadores ourensáns.

Hai un grupo de xogadores moi interesantes. Nesta segunda fase estiveron Diego Martínez, Borja Rodríguez e Alex Boán, pero tamén levan sido convocados Guillermo Salgado ou Diego García. Todos teñen opcións.



Sígoo a través dos medios. Sei das dificultades económicas do Ourense aínda que está competindo moi ben en Terceira. ¿A base? Por traballo e resultados a do Pabellón é a que máis nivel ten, aínda que tamén está a de Ponte e Ourense. O do Barbadás é un exemplo para outros clubes. A idea de agrupar e crear unha escola é satisfactoria. Antes había moita rivalidade e lémbrome de que nalgunhas localidades había dous equipos, como en Sobrado, non había unidade.

Hai moita diferencia entre o fútbol de hoxe e o de cando xogaba vostede?

A nivel técnico antes eran superiores, agora hai un mellor traballo físico, táctico e psicolóxico, e mellores campos.

Leva traballado con moitas xeracións de futbolistas. ¿Lembra a algún especialmente?

Traballei con moitísima xente, pero dos que máis están sonando agora tal vez Rubén González, agora no Celta e que foi internacional en todas as categorías de base, ou Recoba, que está no Groningen holandés.

Sairá algún xogador mediático galego en breve?

Diego López está a un nivel altísimo, é o gardameta que añora calquer adestrador: alto, disciplinado, sobrio e persoalmente moi equilibrado. Foi unha pena a lesión de Oubiña porque era o sucesor natural dun dos grandes dos últimos tenpos, Fran. Seguro que algún rapaz sairá, estase traballando ben coa base.

Supoño que os seus estudios de psicoloxía os pode aplicar nos seus adestramentos.

A psicoloxía axúdame a entender o estado de desenvolvemento do xogador. A idade cadete, na que adestro, hai un cambio moi profundo no xogador por atoparse nun momento importantísimo do seu desenvolvemento, hai que decidir. Trato de ofrecer apoio tanto ós rapaces como ós seus pais á hora de ver cómo xestionar problemas. Ás veces ves xente con talento pero non progresan, e outros si o fan a pesar de ter menos cualidades.


Te puede interesar