O triatleta Gómez Noya recibe a Medalla de Prata da súa cidade, Ferrol

635988342671293029w
photo_camera Gómez Noya durante o acto deste sábado. (FOTO: Kike Delgado)

O pentacampeón do mundo de triatlón expresou o seu desexo de volver das Olimpíadas de Río cun "gran resultado".

O pentacampeón do mundo de triatlón Javier Gómez Noya foi distinguido este sábado coa Medalla de Prata da súa cidade, Ferrol, que o recoñece pola súa "disciplina, capacidade e esforzo" así como pola súa "extraordinaria traxectoria deportiva e brillantísimo palmarés".

Aos seus méritos súmase, segundo indicou o concello a través dun comunicado, o feito de que "sempre mostra o orgullo por ser de Ferrol". "Ferrol, cidade na que crecín, crieime e formeime como deportista. Grazas por todo o que me tes dado e o apoio que sempre recibín. Un abrazo a todos os ferroláns", escribiu no libro de ouro.

A continuación, no seu discurso de agradecemento, volveu expresar o seu "compromiso" con Ferrol e co deporte na súa cidade e o seu desexo de volver das Olimpíadas de Rio cun "gran resultado".

A continuación, o alcalde, Jorge Suárez, puxo en valor a "perseveranza e optimismo" de Gómez Noya, calidades que, ao seu xuízo, "necesita Ferrol"; mentres que a tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, enxalzou o "exemplo de superación, talento e capacidade" de quen definiu como "o mellor deportista do mundo".

Te puede interesar