Condenan ao Sergas a unha multa de 50.000 euros polo falecemento dun rapaz de 25 anos con cancro testicular

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) foi condenado a aboar unha multa de 50.000 euros aos pais e un hermando dun mozo que faleceu con 25 anos por 'un atraso en diagnóstico' e, polo tanto, non ter 'a oportunidade de aplicar os medios curativos dos que dispoñía' o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.
Así indicouno o Defensor do Paciente nun comunicado, no que se sinala que os feitos se remontan a xullo de 2006, no que o paciente acudiu a urxencias do Chuac con 'fortes dores lumbares de tres días de evolución' e foille diagnosticada unha lumbalxia.

Tras catro meses persisiento a dor, e sendo tratado como lumbalxia, acudiu en novembro ao servizo de urxencias do Chuac, presentando vómitos hemáticos e dor en epigrastrio. Diagnostícanlle a alta epigastralgia.

Posteriormente, acode outras dúas veces máis ao servizo de urxencias e na última ocasión practícanlle unha radiografía de tórax e abdome, onde lle detectan múltiples nódulos pulmonares suxestivos de metástase. O paciente de 25 anos de idade falece seis días despois desta visita médica por parada cardiorrespiratoria e foi determinada a causa da morte por fracaso multiorgánico por enfermidade metastásica.

Segundo recolle o Defensor do Paciente, o Sergas estimou que perdera 'unha oportunidade diagnóstica', pero que o tumor 'era moi agresivo'. A familia entendeu que houbera 'mala praxe e atraso diagnóstico'.

Te puede interesar