O grupo lugués Monbús compra a empresa do bus urbano de Alcalá

O grupo lucense de transporte Monbus adquiriu a empresa Autobuses de Alcalá, concesionaria do transporte urbano de Alcalá de Henares. Fontes do grupo galego destacaron que esta operación supón o 'asentamento definitivo da Monbus na Comunidade madrileña e unha importante apertura a un novo mercado'.
A Monbus subliña que desta maneira continúa a súa estratexia de crecemento e expansión no transporte de viaxeiros por estrada (urbano e interurbano), a nivel nacional e internacional. Autobuses de Alcalá é concesionaria titular do servizo urbano de viaxeiros da cidade de Alcalá de Henares desde 1974 por concesión do Concello e depende do Consorcio de Transporte de Madrid. Realiza actualmente o servizo urbano que une os distritos e os barrios de Alcalá de Henares, cidade con case 205.000 habitantes.

Ademais, opera servizos discrecionais nacionais e internacionais e factura ao ano, aproximadamente, 14,5 millóns de euros.

Te puede interesar