Inditex destina un millón de euros a indemnizacións pola renovación da cúpula de Uterqüe

Inditex destinou no primeiro semestre do ano un millón de euros a indemnizar varios directivos que deixaron a cadea de complementos Uterqüe, segundo datos remitidos polo grupo téxtil á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
A saída destes directivos coincidiu co traslado da sinatura dende Meco (Madrid) a Tordera (Barcelona). Entre eles, figura o que foi o seu máximo responsable, o grego Kostas Antimissaris, tal e como avanza 'El Confidencial'.

En substitución de Antimissaris, a compañía que preside Pablo Isla designou a Luis Maseres como novo director da súa cadea máis nova, que abriu as súas primeiras tendas no verán de 2008 e ten unha rede comercial integrada por 87 establecementos en 16 países.

No seu primeiro semestre fiscal, Uterqüe rexistrou unhas vendas de 31 millóns de euros, o que representa un crecemento do 23% respecto ao mesmo período do exercicio precedente.

Te puede interesar