O responsable do IGE cre que é 'unha boa mensaxe' cara ao exterior, aínda que 'non se mete' na forma

Foto: EFE
O director xeral do Instituto Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo Andión, considerou que o establecemento dun límite de déficit público é 'unha boa mensaxe' do Estado español cara ao exterior, aínda que afirmou que 'non se mete' na forma coa que se adopta, mediante unha reforma do artigo 135 da Constitución.
'Eu na forma non me meto, non podo entrar na forma que decidan porque non son experto neses temas para opinar', indicou a preguntas dos medios de comunicación tras dar a coñecer os datos do PIB galego no segundo trimestre.

Con todo, Campo Andión valorou 'que se chegue a eses acordos' porque, o seu xuízo, 'é unha boa mensaxe de cara o exterior e unha boa decisión en si'.

Cuestionado sobre as cifras concretas que unha lei orgánica marcará como teito de déficit para a Administración central e para as administracións autonómicas (un 0,4% a partir de 2020), resolveu que 'os expertos saberán dese tema' e conveu que 'non debe' ser el quen opine.

Te puede interesar