A venda de coches caeu un 31,8% en xaneiro, sobre o ano pasado

A matriculación de turismos e todoterreos rexistraron en xaneiro un descenso do 31,8% na provincia de Ourense, ata situarse en 320 vehículos vendidos, segundo os datos da Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos e Recambios (Ganvam). En España as vendas de coches caíron un 23,5% o mes pasado, contabilizando un total de 53.632 unidades vendidas. O descenso na provincia de Ourense debeuse, principalmente, á caída das vendas de turismos (un 37,7%), ata as 269 unidades vendidas. Pola sua parte, as adquisicións de todoterreos medraron un 37% en xaneiro.
Por provincias, Ourense concentrou o 12,3 por cento das operacións rexistradas durante o pasado mes na Comunidade Autónoma, por diante de Lugo, que matriculou 314 coches, un 34,4% menos que no ano anterior. A Coruña matriculou 1.152 vehículos, un 35,4% menos, mentres que Pontevedra, matriculou 804 vehículos, un 38,2% menos.

Por marcas, a máis vendida en Ourense no primeiro mes do ano foi Peugeot, con 39 matriculacións, seguida das firmas Ford e Seat, con 33 unidades vendidas cada unha. Renault e Citroën ocuparon o cuarto e quinto puesto. Síguenlle Toyota, con 18 coches vendidos, Nissan e Volkswagen, con 16 unidades, e Audi e Hyundai, con 12 vehículos vendidos cada unha.


MAL ANO

O presidente de Ganvam, Juan Antonio Sánchez, afirmou que si as vendas continúan en niveis de caídas por enriba do 20%, o sector da distribución deberá facer frente iste ano ó peche de medio millar de empresas e a conseguinte perda de 5.000 postos de traballo. O representante da patronal dixo que 'chove sobre mollado', xa que dende 2008 pecharon 2.000 pyme.

Te puede interesar