Concejal de Personal

Antonio Rodríguez Penín: ’Esto vai no oficio. Sabía que meténdome en política non ía facer moitos amigos’

El concejal de Personal, Antonio Rodríguez Penín, resta importancia a la denuncia manifestando que actuó en todo momento al amparo de la legislación.
¿Preocúpalle o feito de que o teñan denunciado por presunta prevaricación? En absoluto. Se fixeron varios nomeamentos de interinos porque era necesario que nalgunhas áreas houbese persoal para dar un bo servizo aos cidadáns. E xa que era por un tema de urxente necesidade, se fixo sen pasar polos cauces considerados ’normais’. Esto non significa que non se respetase a lei, xa que o Estatuto Básico do Empregado Público contempla esta posibilidade, e recordo que os contratos que se fixeron son por seis meses e non renovables, o cal significa que os traballadores non adquiren dereitos que puidesen incurrir en ilegalidade. Non foron metidos ’pola porta de atrás’, como se están fartando de dicir por ahí.

¿Por qué pensa, entón, que a USO decidiu xudicializar este tema? Eu penso que o seu representante anda algo desquiciado dende que sabe que os sindicatos non poden estar nos tribunais de contratación, como marca a lei, e que non se viña respetando ata o de agora. É un intento á desesperada do señor Valcarce Baiget para manter unha situación de influencia e privilexios persoais que non lle corresponden. Hai que recordar que o feito de que teña maioría na Xunta de Persoal non significa que Valcarce Baiget sexa ’medio concelleiro’, e non asumiu nin ten pensado asumir, polo que parece, que non é el o que ten a responsabilidade de dirixir a concellería, son eu.

Nembargantes, dende a USO levan tempo dicindo que a xestión de Personal ’lle ven grande’. ¿Qué opina ao respecto? Non me considero ningún fenómeno, pero estou perfectamente capacitado para dirixir esta área municipal. Ao que si lle veu grande foi a un representante sindical que quixo ser alcalde por Terra Galega e fracasou estrepitosamente. É a el a quen o chaleco non lle era da súa talla, e agora trata de buscar pola vía sindical o poder que quixo acaparar pola vía política.

¿Non é preocupante que reciba unha denuncia pola vía penal aos 10 meses de ter sido elexido concelleiro? Esto vai no oficio. Eu xa sabía que meténdome nesto da política non ía facer moitos amigos. Pero estou preparado para esto e para todo o que veña, non teño ningún tipo de problema ao respecto.


Te puede interesar