“Fomos emigrantes e iso é algo que sempre enriquece a nosa cociña'

O escritor Miguel Mosquera.
O escritor Miguel Mosquera presenta esta tarde o libro 'Ourense: dez mil anos nun xantar', no que realiza un estudo da antropoloxía da alimentación. O acto será ás 20.15 horas no Liceo.
Cal é o xantar destes dez mil anos?
O libro recolle a historia do alimento na provincia de Ourense con extrapolacións ó Cantábrico, ó norte de Portugal e á Galicia litoral. É un exercicio de ourensanía, que non é unha visión política, senón o desexo de universalizarnos. Reflicte os últimos 10.000 anos de historia.

Cales son as principais conclusións?
Evidentemente, plantexa unha identidade de Galicia, concretamente a propia de Ourense porque hai alimentos que son de aquí. Na nosa cociña temos unha materia prima extraordinaria, algo que, de feito, xa viñeron buscando os romanos. Co paso dos anos, fomos realizando intercambios con outros pobos, porque fomos emigrantes e volvemos selo, por desgracia. Iso sempre un intercambio que vai enriquecendo máis a nosa cociña. Por exemplo, vese nos cocidos, un prato que existe en moitos lugares pero ningún é semellante a outro. Ou, noutro caso, uno dos nosos buques insignia, como é o lacón con grelos, para o que fixo falta que pasasen moitos pobos e incluso o descubrimento de América. O mesmo aconteceu co pulpo á feira, que é unha preparación que xorde do “ajo arriero” que chegaba dende Levante. No libro explícase toda esa evolución, dende o primeiro cocido -unha tripa rechea posta ó lume- ata a incorporación do arroz, que se formalizou coas influencias cubanas, a pesar de que aquí xa o había pero non se consumía pola carencia de métodos de conservación.

De tódolos pobos que pasaron por nós, cal deixou maior pegada na nosa alimentación?
Quizais a romana sexa das maiores influencias que tivemos porque nos legaron toda unha serie de instrumentos para a tecnoloxía dos alimentos como son sistemas de conservación ou especias que non coñeciamos. Pero, en realidade, eles tiñan uns gustos moi semellantes ós que teñen hoxe os franceses.

Como foi o proceso de documentación para conseguir falar de dez mil anos de historia?
Longo e duro. Houbo que consultar moita documentación, arquivos ou falar con arqueólogos. De feito, José María Eguileta, que será quen presente o libro, facilitoume unha serie de información esencial. Tiven que falar con moita xente, incluso os chocolateros de Virxe dos remedios, unha empresas que funcionou ata 1998, aínda que hai outras como La Carballinesa que aínda se manteñen hoxe. Foi un traballo de case ano e medio de investigación.

Te puede interesar