“Queremos ser a voz dos veciños e que éstes se sintan orgullosos de vivir en a valenzá'

Tras varios anos inoperativa, a asociación de veciños de A Valenzá renace baixo o nome 'A Valenzá en Acción' co avogado e exdiputado provincial Eladio Fernández ó frente.
Cales son os principais problemas que fan necesaria una asociación en A Valenzá?
A Valenzá xa non é un pobo, con arredor de 7.000 habitantes, é unha verdadeira cidade, e ten problemas propios dunha urbe, de transporte, de infraestructuras, seguridade cidadana, etcétera, que hai que abordar. Xa se está facendo pero sempre hai deficiencias, imos intentar resolvelas.

Que primeiros proxectos teñen en mente?
A Valenzá está acollendo a xente de toda a provinicia e incluso de outras nacionalidades, e fai falta un pouco de arraigo social. Neste sentido imos facer que os vecinos se integren mais no lugar que elixiron para o seu proxecto de vida. Ademais, imos ter en conta o entramado comercial, que é vital, e como primeiras medidas citaremonos cos comercios e atenderemos as suas demandas. Os aspectos culturais e deportivos tamén serán prioritarios, tendo en conta a poboación infantil -que é moi numerosa-, as persoas maiores e os colectivos desfavorecidos. En definitiva, queremos ser a voz dos veciños, e que estes se sintan orgullosos de vivir en A Valenzá.

Parten con 50 socios. Como van ampliar este número?
Agora mesmo estamos comenzando unha campaña para darnos a coñecer, imos repartir folletos, donde están recollidas as líneas básicas de actuación cos datos de contacto e organizar charlas. Tamén crearemos unha páxina web e botaremos mán das redes sociais, porque consideramos que as novas tecnoloxías son importantísimas para chegar á maioría dos cidadáns. E eu creo que imos a medrar moitísimo.

Teñen moitas ilusións postas nesta iniciativa.
Si, consideramos que era moi necesaria unha asociación moi activa en A Valenzá, e estamos convencidos de que podemos ofrecer unha prestación moi importante. Non só en beneficio dos veciños, que teñen que ter un punto de encontro donde se lles escoiten as súas inquedanzas e reclamacións, senón tamén para as institucións, que terán moita máis información dos cidadáns.

Por que decidiu pasarse ó movemento veciñal?
A min sempre me gustou estar en contacto co cidadán, que por norma xeral é moi agradecido, por moi pequenas que sexan as cousas nas que lle axudas. A mín gustanme as pequenas cousas da vida e sobre todo, chegar ó corazón da xente. Ademais encontreime con un grupo de compañeiros que teñen a mesma ilusión ca min e estou encantado, vamos a dedicar o máximo tempo que nos quede das nos actividades privadas á Valenzá porque o merece, e ten moitas posibilidades e moito futuro.

O feito de que sexa militante do mesmo partido que goberna no Concello de Barbadás non suporá inconviente para exercer o cargo?
Para nada. Eu vou escoitar ós cidadáns e levar as suas queixas e suxerencias á onde corresponda. Vou cumprir o meu cometido reivindicativo sexa onde sexa coa mesma intensidade, sen ter en conta partidos, nada máis que resolver o antes posible os problemas que xurden. Entre todos faremos de A Valenzá un lugar de vida e de futuro mellor.

Te puede interesar