“Temos que ser referente do audiovisual de Galicia'

Diego González, portavoz do OUFF.
O Festival de Cine de Ourense (OUFF) voltou a convertir á cidade no punto de referencia cinematográfica no só en Galicia senón tamén a nivel nacional e internacional. Nunha edición que o seu portavoz e administrador Diego González López califica de 'diferente', a implicación de institucións, equipo organizador, sector audiovisual galego, patrocinadores e, especialmente, do público,fixo posible que o certame cumplira con brillantez a súa XVII edición. As cifras o avalan: en nove días 9.000 espectadores en sala e un milleiro nas actividades paralelas (encontros co público e concertos musicais) .
Dende a súa experiencia de cinco anos -tres como administrador e dous tamén como portavoz- esta foi a edición máis complexa?
Prefiro chamala diferente. Tivemos moi pouco tempo para organizar o festival. Prácticamente comezamos en agosto, así que tivemos tres meses para cerrar visionados, ciclos, catálogo, etcétera.

Supoño que eso di moito da implicación da xente que traballa ao redor do festival.
Foi fundamental. Sen o esforzo e o traballo da organización, en definitiva sen a súa implicación co evento, non sería posible sacar adiante esta edición. Como portavoz me sinto moi orgulloso do traballo de Oscar, Iñaki, Rebeca..., e do resto do equipo. Destacaría tamén ós 26 voluntarios e oito bolseiros que nos axudaron. Somos un festival pequeno e humilde, pero tentamos facelo ben e coa máxima profesionalidade. Cometemos erros pero tratamos de aprender deles. Tamén foi imprescindible a implicación do Concello e dos patrocinadores comerciais: Coca-Cola, Mahou e Gadis. E, por suposto, a do audiovisual galego que segue apoiando o certamen. Deixo para o final ó público ourensán que é a quen en definitiva vai dirixido en primeiro lugar o festival. Como o ano pasado a resposta foi estupenda e a consolidación do certame na cidade é xa un feito.

Por qué é bo para Ourense un festival de cine?
Penso que so pola súa dimensión cultural xa sería máis que suficiente. Abrir unha fiestra ó mundo a través do cine creo que é moi importante. O festival, ademais, crea emprego e no aspecto económico é bó para moitos sectores (hostelería, comercio, transporte, axencias de viaxe, restauración, etcétera). Unha elevada porcentaxe dos cartos cos que se organiza revirten sempre na cidade. E logo están os beneficios intanxibles como o posicionamento de Ourense no mapa mundial -recibimos películas e visitantes de todo o mundo- ou a reivindicación dos nosos mellores recursos como o termalismo ou a gastronomía, algo que aprecian todos aqueles que nos visitan.

Algúns falan de que ó festival lle falta identidade.
Creo que non. Dende o principio apostouse polo cine independente, o cine social, comprometido e de calidade. Un cine non comercial. E tamén por defender a aqueles directores que fan a súa opera prima e que teñen algo interesante que decir.

Cómo ve o futuro do certame?
Co grande reto de seguir medrando para facer o mellor festival posible.

Cáles serían as claves principais para medrar?
Creo imprescindible a creación dun comité de dirección e a separación de funcións de xerencia e dirección artística. Sería importante contar nese comité cun responsable de relacións internacionais. En canto á producción demostramos que o equipo actual está capacitado para sacar adiante o festival. Fíxose todo en Ourense e foi dos anos con menos problemas técnicos. Nesto a experiencia é fundamental e o equipo actual a ten. Outro factor importante será apuntalar o festival como referente e escaparate da industria cinematográfica galega. Estamos moi satisfeitos do apoio que nos presta o sector audiovisual, pero pode e debe haber maior colaboración. É algo que hai que tratar de potenciar e penso que hai unha boa disposición por ambas partes.

Te puede interesar