ENTROIDO

"Soneto do Cigarrón": Homenaxe á figura estrela do Entroido de Verín

mirito mateo entroido verín
photo_camera Edelmiro Mateo, autor do soneto do Cigarrón. (Foto: cedida).
Un verinense homenajea la figura del Cigarrón a través de un soneto que cedió al Concello de Verín

Este sábado, Edelmiro Mateo García entregoulle ao alcalde de Verín, Gerardo Seoane, un dos seus traballos: o "Soneto do Cigarrón". Mateo conta que escribiu o soneto para poñelo a disposición de todos os veciños e veciñas, a través do Concello, "para que o desfruten e o vivan".

Este entroideiro e músico de Verín decidiuse a crear este soneto debido a falta que existe de bases culturais do Entroido de Verín: "o Entorido só con festa non se mantén, as raíces están na cultura, na sabiduría, na tradición", ao que engade que "este Entroido ten moita base vivencial pero fáltalle a cultura". 

Así, buscando nas plataformas dixitais, Mirito Mateo -como o coñecen na zona- percibiu que entorno á figura do Cigarrón só atopamos información sobre as diferentes partes do traxe, "ninguén gastou palabras para o Cigarrón sendo a cousa máis bonita que hai no mundo".

Porén, na situación sanitaria actual e coa non celebración do Entroido, Mateo asegura que "este ano é o Entroido da creatividade, entón eu decidín facer un soneto para o Cigarrón, así quedará como base cultural tamén". En Verín, "os que levamos o Entroido dentro temos que manifestalo dalgunha maneira, eu fíxeno a través das palabras".

No seguinte vídeo do Concello de Verín pode verse a Mirito Mateo lendo o seu soneto:

Te puede interesar