RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
Baixo unha carpa acondicionada para soportar as baixas temperaturas, as familias desfrutaron dunha tarde inolvidable de troula, na que os rapaces foron os protagonistas.
Así, a Fundación Insua dos Poetas, que preside o escritor Luis González Tosar, desenvolveu un completo programa con xogos, paseos a cabalo, regalos, un concurso de disfraces, maxia e unha merenda de balde con produtos típicos desta festa.
Non faltou a música e entre os asistentes contouse coa comparsa do Irixo, “Unha leira de millo”, gañadora do concurso do martes de Entroido no Carballiño. O Mago Deimi encargouse de conducir a xornada e na competición de disfaces os premios, como é habitual na Insua dos Poetas, foron lotes de libros e xogos didácticos nas tres categorías establecidas, de 0 a 6 anos, de 7 a 10 e de 11 en diante.
Foi unha festa na que destacou “a creatividade da cultura popular acompañada da música e, como non, da gastronomía entroideira”, segundo apuntaba Tosar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre
Guía para probar suerte en la lotería
Lotería de Navidad 2025, cuáles son las diferencias entre fracción, décimo, número, serie y billete