Fulión e disfraces no desfile do Entroido do instituto de Trives

Alumnos e docentes percorreron as rúas de Trives festexando o Entroido

O son de bombos e sachos marcou o ritmo do desfile de Entroido no Instituto Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives.

Unha temática libre e chea de cor fixo que entre os https://www.laregion.es/seccion/entroido/disfrazándose por grupos. O profesorado decidiu, pola súa banda, ter un tema en común, un circo con carpa.

Profesorado do instituto baixo a temática do circo.
Profesorado do instituto baixo a temática do circo.

A chuvia deu un respiro e permitiu aos rapaces facer o seu percorrido https://www.laregion.es/seccion/entroido/. Arredor das 12,00 horas saían do centro cara o centro da localidade, ata o concello, onde cada ano paran e desde alí voltan a subis ata o instituto. Este ano todo foi máis rápido que noutras ocasións, pero non menos colorido. Un grupo de mozos mantiña o ritmo co vibrar dos bombos de principio a fin do percorrido. 

Te puede interesar