Numeroso desfile de Entroido en Parada de Sil

No desfile de Parada de Sil a xente non quedou na casa e a gana de Entroido está por riba de todo

O mal tempo e a neve tamén se deixou ver, pero non impediu a festa do concello. Unhas 200 persoas desfrutaron do seu día grande, este sábado, con distintos disfraces.

O grupo máis numeroso foi o dos Anxeos de Caxide, personaxe típica de Parada de Sil, recuperada hai arredor duns vinte anos. Remataron todos xuntos cun xantar popular no pavillón da localidade.

Te puede interesar