A veciñanza de Vilameá recupera vellas tradicións

Danzantes xunto a capela de Santa Lucía.
photo_camera Danzantes xunto a capela de Santa Lucía.

Os danzantes volveron a bailar no Entroido de Vilameá, en Lobios. O exterior da capela de Santa Lucía albergou, na xornada do domingo, a espectacular representación deste baile vinculado ao Entroido na parroquia de Río Caldo. A sorpresa foi dobre para  a veciñanza que, ademáis da danza, foi testemuña do regreso doutra figura esquecida do seu Entroido: “Medio século despois, nenos e maiores volveron a ter que correr diante do home do fol”, subliñaban. 

Lobios vivirá hoxe o seu día grande con motivo da programación organizada polo Concello. A partir das 16,00 horas haberá pasarrúas por A Siera, dende o cuartel ata a praza Roxa coa participación da Banda de Música de Lobios. Abrirán o desfile os follateiros e, a chegada á praza, amenizará a festa o trío Vaivén. A programación, despois do baile de Entroido da Sanrela polos veciños de Vilameá e Devesa, concluirá cunha chocolatada e entrega dos premios do concurso de disfraces.

Te puede interesar