E-SPORTS

Epicentro dos deportes electrónicos con Lucas Ordóñez.

Lucas Ordóñez.
photo_camera Lucas Ordóñez.

O pavillón do colexio Mestre Vide (ao lado da comisaría da Policía Nacional) converterase dende o venres 22 de abril ata o domingo 24 de abril no epicentro internacional dos torneos de eSports da semana das Industrias Culturais e Creativas, Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense.

A estrela desta oitava edición da ICC Week será a celebración do International Top Simracing  (ITS ICC Ourense). Este torneo invitacional contará coa participación dos oito mellores pilotos a nivel nacional e internacional e disputaranse catro mangas entre o sábado 23 e o domingo 24, cun único premio de 1.000 euros en xogo. O actual campión do mundo das World Tour Series, o piloto italiano Valerio Gallo, encabeza o cartel de participantes no que tamén están Manuel Rodríguez, A. Inostroza (primeiro por Sudamérica); Nico Romero, Carlos Salazar e Fernando Perpiñán “Perpi”, finalistas das World Tour series, Pol Urra, sexto posto no Campionato de España de Gran Turismo, e o ourensán Manuel Pérez, cuarta praza no Mundial GT Media

Sen esquecer que esta oitava edición da ICC Week ten o seu centro nas iconas, o mestre de cerimonias será Lucas Ordóñez, de nai ourensán, piloto español de automobilismo tras ganar a primeira edición da GT Academy, unha competición do videoxogo “Gran Turismo” da PlayStation 3. No 2011, el e a súa escudaría foron segundos na clase LMP2 nas lendarias 24 horas de Le Mans e campións da Copa Internacional Le Mans.

O venres 22 de abril comezará o primeiro dos torneos abertos ao público e totalmente gratuítos co “Clash Royale”, no teléfono móbil. O sábado e domingo celebraranse o “FIFA 22”; o “Fortnite”, “Dirt Rally 2.0” e “Smash Bros”. 

Te puede interesar