Estes son os gañadores do concurso Cata dos Queixos e Meles

José González, Conselleiro de Medio Rural, e Xosé Luis Carreira, de Arqueixal.
photo_camera José González, Conselleiro de Medio Rural, e Xosé Luis Carreira, de Arqueixal.
Estes son os gañadores da última edición do concurso Cata dos Queixos e Meles

ARQUEIXAL / DOP ARZÚA-ULLOA CURADO

José González, Conselleiro de Medio Rural, e Xosé Luis Carreira, de Arqueixal.
José González, Conselleiro de Medio Rural, e Xosé Luis Carreira, de Arqueixal.

Un produto que conecta a tradición coa terra

O queixo de Arqueixal foi o galardoado coa medalla de ouro na categoría que recoñece ós mellores produtos da DOP Arzúa-Ulloa na súa variedade de curados. Esta granxa familiar situada na parroquia de Santiago de Albá, na comarca da Ulloa, elabora os seus produtos de xeito natural. Das súas instalacións saen cada mes unhas 3.000 pezas de queixo amparados nesta denominación de orixe protexida. As Catas de Galicia destacaron este ano a súa variedade curada, un queixo cremoso elaborado con leite enteiro de vacas que se alimentan en liberdade. 

O produtos de Arqueixal son símbolo da conexión coa terra desta empresa, que complementa a súa producción con experiencias e estadías rurais no corazón da comunidade autónoma.

CASTELO / DOP CEBREIRO


Un queixo fresco con sabor a tradición e artesanía

A queixería Castelo leva dende o ano 1989, cando comezou o proceso de recuperación dunha forma de traballar como sempre se fixo nas casas do Cebreiro. Máis de tres décadas despois, esta empresa familiar continúa elaborando o seu produto coa mesma receita e ilusión, de xeito totalmente artesanal. Os queixos Cebreiro caracterízanse por seren frescos e versátiles, perfectos para consumir acompañados ou sós e tamén para incorporar á elaboración de postres ou como ingrediente de hostelería, moi apreciado tanto dentro como fóra de Galicia.

Con esta visión, a queixería Castelo recibe con ilusión o premio como “un recoñecemento a un traballo de continuidade e ánimo para continuar apostando pola calidade e primando os detalles”, tal e como explica Adrián Pérez. 

DON CRISANTO / DOP SAN SIMÓN DA COSTA

Tres xeracións afumando queixos dende os anos 90

Nos anos 90 abriu as súas portas a queixería Don Cristanto na zona de Vilalba. Fíxoo co seu reputado queixo de San Simón da Costa, un produto que lle ten dado grandes alegrías dende entón. Tan só nos últimos meses, ademais da medalla de ouro na súa DOP das Catas de Galicia, ten recibido unha medalla de prata en Lyon e unha de ouro en Alemaña. 

Actualmente tres xeracións da familia traballan man a man xunto a outros empregados nesta empresa que comezou cunha produción duns 500 litros diarios e hoxe rexistra xa 9.000. Ademais, contan coa súa propia explotación gandeira e continúan mantendo a receita coa que comezaron. Este tipo de recoñecementos recíbenos como un ánimo para seguir traballando. 

PAZO DE ANZUXAO / DOP ARZÚA-ULLOA

Recoñecemento ó sabor dun queixo con alta demanda

O queixo de Arzúa-Ulloa é un dos máis consumidos e demandados en Galicia porque “vai moi ben a calquera hora do día”. Así o define Javier Sampayo, da queixería Pazo de Anzuxao, con sede en Lalín. Aínda que a empresa leva dende o ano 1969 elaborando queixos de forma artesanal e tradicional, foi no 2011 cando conseguiron que a DOP incluíse tamén a comarca de Deza-Tabeirós. Adscribíronse así á denominación e agora álzanse coa medalla de ouro da súa categoría nas Catas de Galicia, ademais de ter acadado tamén a distinción de mellor queixo de España madurado de vaca. 

O recoñecmenento da Xunta recibírono con moita ilusión en Pazo de Anzuxao agradecendo a proxección que lle dá ás empresas queixeiras de Galicia este tipo de premios. 

DON CRISANTO / DOP TETILLA

A tradición cun sabor cremoso

A queixería Don Cristanto recibiu dobre premio nesta edición das Catas de Galicia coa distinción da medalla de ouro tamén na categoría de Tetilla, un dos queixos galegos máis populares e unha variedade que introduciron no seu catálogo hai arredor de 15 anos. A empresa, con sede en Vilalba, adapta a súa produción ás diferentes variedades e elaboracións artesanais galegas.

MELES J. S. / MIEL MONOFLORAL

Cando o eucalipto se converte en mel

O eucalipto é o protagonista do mel premiado este ano na variedade de monoflorais. “Meles J. S”, con sede na zona de Vigo, recibiu a medalla de ouro cun produto de sabor suave moi apreciado e demandado polo público. Eva Seijo amósase moi satisfeita coa distinción, sobre todo tendo en conta “a calidade dos produtos dos meus compañeiros”.

O PODER DAS FLORES / MIEL MULTIFLORAL

O doce sabor da biodiversidade

O poder das flores” é o nome do mel que recibiu a medalla de ouro na categoría de mel multifloral. Este produto, que bebe da ampla biodiversidade da zona da Mariña, ofreceu este ano unha boa produción cun forte sabor a breixo. A empresa iniciou a súa actividade no ano 2018 e, dende entón, xa ten recibido varias distincións nas Catas de Galicia. 

Te puede interesar