Homenaxe a unha gran contribución cultural

Jaime Noguerol.
photo_camera Jaime Noguerol.

Mércores, 27 de abril (21,30 horas), Teatro Principal de Ourense.

A oitava edición da semana das Industrias Culturais e Creativas, a Ourense ICC Week terá unha xornada especialmente emotiva coa homenaxe ao xornalista, escritor e letrista musical Xaime Noguerol. Este verinés, reivindicativo sempre das súas raíces arraianas, estará acompañado polo cantante de Los Suaves, Yosi Domínguez; por Patacho Recio, do desaparecido grupo dos 80 Glutamato Ye-yé, e polo xornalista musical Mariano Muniesa.

Xaime Noguerol firma, como letrista, algúns dos temas máis emblemáticos da chamada Movida madrileña, coma “Banzai” ou “Generación Límite”, de Miguel Ríos, e cancións de rockeiros como Burning, Leño, Luz Casal ou Minuit Polonia.  A Ourense ICC Week recoñece con este acto a importante contribución cultural e creativa deste escritor ourensán.

Te puede interesar