Homenaxe ás tradicións

Ramiro Rodríguez, Elvira Lama, Iván Prado e Carlos Valle.
photo_camera Ramiro Rodríguez, Elvira Lama, Iván Prado e Carlos Valle.

O programa, no que se porá en valor a tradición, comezará ás 11,00 horas cun pasarrúas a cargo de Lirolaio, Antioquía e Banda Senior que percorrerá a feira, o casco vello e o Toural durante todo o día. A Praza dos Ovos será o escenario no que se leve a cabo un obradoiro de pandeireta a partir do mediodía, que  será impartido por Diego Cabaleiro, de O Fiadeiro. Xa en horario de tarde, dende as 17,00 horas agárdase un obradoiro de baile tradicional a cargo de Sergio Martínez, tamén da asociación  O Fiadeiro. Será na praza de Oriente.

Exposición

A última verbena comezará á noitiña na Praza Maior e será o preludio dunha foliada aberta prevista para as 23.00 horas. Ademais, complementando a programación, poderá visitarse na rúa dos Viños e durante todo o día unha exposición sobre as feiras de Xinzo de Limia.

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, asegurou que “a aposta desde grupo de goberno pola cultura, o tempo de lecer e por facer comunidade en Xinzo de Limia está lonxe de toda dúbida” e destacou o traballo da Asociación A Pantalla. A rexedora insistiu en que con esta iniciativa “poñerase en valor a nosa cultura e a nosa forma de vivir as feiras, tendo en conta que as de Xinzo de Limia gozan de gran relevancia non só na provincia, senón en toda Galicia. Queremos destacar a importancia da feira como espazo de intercambio sociocultural”.

O concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, tamén agradeceu a colaboración da entidade cultural co Concello e confía en que sexa todo un éxito e poida consolidarse no tempo: “Engadimos así unha nova data no calendario festivo de Xinzo para lembrar as tradicións do noso pobo”, explicou. “Estamos completamente seguros de que a iniciativa vai a ser un éxito total e poderemos ter un novo evento no noso calendario na metade do camiño entre o Entroido e a programación estival”, apuntó Ramiro Rodríguez

Te puede interesar