José Delgado, asociación de veciños do Couto: "esperamos unha protección maior" nas festas

José Delgado Aguiar, presidente da Asociación de Veciños do Couto.
photo_camera José Delgado Aguiar, presidente da Asociación de Veciños do Couto.
La Región entrevista a José Delgado Aguiar, presidente da Asociación de Veciños do Couto, cando quedan xa poucos días para o comezo das festas

O barrio do Couto vivirá un ano máis as súas tradicionais festas. José Delgado Aguiar, presidente da Asociación de Veciños do Couto explica a importancia de este evento para o barrio.

Como se presentan as festas de O Couto?

Un ano máis, durante o mes de maio, celebraranse as festas, no barrio do Couto, en honra da súa patrona Nosa Señora de Fátima. A súa inauguración neste 2023, levarase a termo o 17 de maio, co protocolario pregón.

Quen se encargará de pronuncialo?

Encargarase esta vez de pronuncialo Jorge Estévez Álvarez, delegado de Medios de Comunicación Social, do Obispado de Ourense. Persoa moi coñecida no barrio, xa dende a segunda metade da década dos 70. Sendo o seu remate o domingo 21, despois de 5 días de festa.

A directiva da nosa Asociación de Veciños anima, unha vez máis a todos os veciños do barrio: colectivos que xa levan moitos anos recién chegados de outros lugares; así como visitantes que nos honran coa súa presenza, a que disfruten todo o que poidan, sempre respetando aos demáis, e que saquen o mellor proveito nesas datas.

Seguimos, unha vez máis a súa disposición, nos momentos que nos precisen, así como, lle ofrecemos os cursos propios da Asociación de Veciños, os do Concello e os da Deputación, que se imparten nos nosos locais.

Que relación teñen os vecinos cas festas do Couto?

Asociación de veciños creouse en principio a continuación cun sentido reivindicativo e defensora do barrio. Encargámonos de preparar as festas ou buscar quen as faga. Normalmente sempre buscamos a alguén responsable, o presidente da comisión de festas. Entran a competir as persoas que queren ser presidente e en función da valía do proxecto e cando nós aceptamos un proxecto o outro. Este ano esperamos que haxa unha protección maior que o ano pasado.

Para rematar, algún agradecemento en particular?

Rematamos agradecendo, dende eiquí, a comisión de festas de este ano, presidida por Saturino Gómez Casado, un ano máis, seu excelente programa, seu esforzo, dedicación e interés posto, para que todo saia ben, neste ano 2023.

Te puede interesar