LA ENTREVISTA

Antonio Piña: "É unha pena pero as nosas aldeas están desertas e non é rendible o servizo"

photo_camera Antonio Piña, fundador de Anpian.

Antonio Piña Antón ten 91 anos e segue ocupándose da empresa que fundou hai máis de 50 anos, un grupo de empresas que da traballo a 120 persoas

Antonio Piña Antón ten 91 anos e segue ocupándose da empresa que fundou hai máis de 50 anos, un grupo de empresas que da traballo a 120 persoas. Goza dunha memoria prodixiosa e amosa unha envexable capacidade de análise sobre a situación do sector de transporte de viaxeiros por estrada. As aldeas quedan valeiras e apenas hai xente que transportar. Fai un chamamento á Xunta para buscar alternativas porque senon moitas empresas poden verse abocadas a importantes perdas.

¿Cómo está a situación no sector do transporte de viaxeiros? ¿Hai moita crise?

Nós temos moita sorte porque temos a empresa saneada porque sinon hoxe a crise é máis que crise porque temos o servizo regular de mil kilómetros cunha concesión da Xunta e estamos facendo os servizos cos coches vacíos e teríamos que reestructurar este servizo. Estánse perdendo 50.000 euros mensuales porque temos 22 coches de servizo regular pero andan vacíos. A empresa Mangana, que foi a penúltima que compramos, viña en tempos dende Verín con tres coches de 55 plazas e viñan completos e hoxe temos un coche con 24 plazas e ven casi vacío. Hoxe os servizos son case todos deficitarios. Queremos facer unha reestructuración coa Xunta, os concellos están a favor porque ven que non hai viaxeiros, pero a Xunta non quere. E non hai máis remedio que aguantar.

¿Qué futuro ten entonces esta situación?

O futuro que lle vemos é que teñen que volver os servizos ós donos, senon non hai outra maneira porque así solo facemos para pagarlle ó chófer.

Isto é unha consecuencia da despoboación.

Claro. É unha pena pero as nosas aldeas están desertas e non é rendible o servizo. Mira, nós como empresa servimos a 35 concellos e antes un deles, o de Padrenda, tiña 5.000 habitantes e agora ten 1.200 habitantes. Xa sei que nadie ten a culpa pero vai chegar un momento que a Xunta terá que reestructurar o servizo ou poñelo á demanda. Chegará un momento que haberá que ter un chófer nun punto para facer un servizo á semana porque non nos podemos permitir o luxo nin como empresa nin como Xunta nin como concello de soster eses servizos porque non hai viaxeiros. Sin fariña non se fai o pan e sin viaxeiros non pode haber viaxes.

¿Qué estratexia se pode aplicar entonces?

Non é fácil porque os gastos son moitos e haberá que aplicar o que pasaba antes, adaptar as empresas ó que se gana. Hoxe non hai un recorrido que nos dé para pagar a un chófer porque un chofer ven costando cen euros cada día e hoxe non temos ningún recorrido que nos dé sesenta euros.

Anpian comprou 16 empresas. ¿Teñen pensando comprar alguna máis?

Non, non temos pensado. Hoxe hai moitas empresas en Galicia, algunhas que están á venda e teñen un material estupendo. As inversións foron tantas que agora hai moitos problemas para amortizar esas inversións porque os servizos regulares no rural non dan para amortizar as compras de coches nin para pagar ós obreiros. Non é que non haxa capacidade nas empresas, é que non hai viaxeiros, por eso digo que a administración ten que autorizar e subvencionar outros servicios como o de Chama ó Bus. En Vitoria ou Valladolid están funcionando con subvencións e está ben organizado porque vai facendo o recorrido por onde foi reclamado o seu servizo.

¿Cal foi o mellor momento da empresa Anpian?

O mellor momento foi cando non había turismos e por iso había que levar á xente. As 16 empresas que compramos todas sostíñanse porque conducían os donos, había poucos gastos e había moitos viaxeiros. Hoxe as aldeas quedan desertas, non hai casa que non teña dous ou tres turismos e así estamos.

¿Por qué se fixo vostede empresario?

Pois por circunstancias da vida. Eu cando estaba en Pontebarxas tiña un coche, estaba casado, tiña dúas fillas e con 32 anos empecei nisto. Eu comprei o primeiro autobús e despois xa as circunstancias son as que che obrigan a seguir porque despois xa todos queremos máis. A vida é así. Cando empezas queres ganar sueldo, medrar, traballar máis, faste ambicioso pero chega un momento en que na actualidade todo iso non se da sostido.

¿Pero supoño que se sentirá orgulloso de crear o que creou?

Home claro. Orgulloso, satisfeito porque vivimos ben e estamos sostendo a empresa, porque hoxe están moitas empresas á venda, en dificultades ou con capital de fóra. Fíxate: Alsa é unha das mellores empresas que hai en España, pero ten capital inglés; o grupo Avanza pasou por dificultades e mercárona os mexicanos. En Galicia, Iasa é da empresa Arriva e así pasa con moitas outras. Monbús é das poucas que quedan sin vender en España. E así está o sector.

¿Estivo vostede a punto de vender a empresa?

Eu teño que recoñecer que xa a tiña medio vendida á empresa Arriva, pero na casa eramos dous ou tres a opinar e decidimos deixalo porque non había moito interese en vender. Tivemos esa oportunidade e non estou nada arrepentido por non vendela.

¿Tuvo vostede moitos atrancos para ser empresario?

Ó contrario. Sempre tiven moitas facilidades. Chegei a finais dos cincuenta a Ourense e vivín nun piso alquilado na avenida de Portugal. Tiven apoios importantes de tres firmas estupendas. Estaba don Ramón Pérez Rumbao, Pegerto Caride, que era carrocero, e Angelito, que era tornero, e todos eles axudaron moito. A un compráballe os coches, outro facía as carrocerías e o terceiro era un mecánico estupendo. Tamén me axudou moito Ricardo Martín Esperanza que me deu unha póliza de 300.000 pesetas. Fun moi axudado, máis do que merecía, seguramente, pero nós sempre cumprimos como empresa.

¿E que tal foron as súas relacións cos políticos durante este tempo?

Ben, porque sempre nos repetaron. A política é unha actividade estupenda, pero non se pode compracer a todos e ó non poder compracer a todos cada un ten que adaptarse ó que hai, eles e nós. O político que está no posto non pode ir contra o pobo e a empresa ten o seu camiño, non ten nada que ver coa política. Nós como empresarios temos que ter recaudación suficiente para pagar ós traballadores, os consumos e facer algo de inversión. Esa é a nosa función.

No 2015 hai un novo concurso para o servizo de autobuses urbanos. ¿Irá Anpian a esa adxudicación??

Claro que nos gustaría ter ese servizo. Nós imos participar nese concurso. Xa fomos na anterior adxudicación pero non o gañamos. Nós foramos pero gañaron estes que están agora porque baixaron un 10% sobre o precio de licitación, pero penso que non é rendible e por iso quéreno deixar, cousa que xa pasou hai un ano pero o Concello non lle deixou.

¿Pero irán solos ou asociados con outras empresas?

Imos solos porque temos instalacións, temos as naves, temos gasoliñeira e medios económicos para poder ir. Ademáis temos unha vantaxa que é que temos o servizo regular de Barbadás e San Cibrao das Viñas e si gañamos imos tentar ir cos urbanos onde temos as concensións para facer un servizo ben feito.

¿Pensa que os rapaces novos non queren ser empresarios?

Ser empresario agora é facil e dificil ó mesmo tempo. Antes non tiñamos un coche, non había unha roda, tiñamos que ir a Portugal a buscar pezas. Hoxe é máis facil comprar un autocar, telo impecable, dura 16 anos e non hai que reconstruir nada. Todo é moito máis sinxelo.

¿Con 91 anos traballa tódolos días e segue tomando decisións?

Bueno, traballar... Levántome, leo o periódico, vou hasta as naves, á oficiña e  paso o tempo. En canto ó de tomar decisións sigo tomándoas pero hai que aconsellarse coa familia, que é estupenda.

Te puede interesar