FORO LA REGIÓN

Emilio Rúa: “A poesía está moi viva, é necesaria nos tempos que corren"

Ourense. 11-05-17. Local. Foro La Región con Emilio Rúa no Liceo de Ourense.
Emilio Rúa e Tamara Pérez.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Emilo Rúa reflexionou sobre a poesía e amosou cancións do seu último disco nun Foro La Región presentado por Tamara Pérez.

O cantautor puxo melodía a poemas de Rosalía de Castro ou Celso Emilio Ferreiro, no seu disco "Cantares, poesía galega"

Autoproduciu o seu último disco, "á súa maneira", escapando do habitual e do preconcebido. "Cantares, poesía galega" é o novo traballo do cantautor ourensán Emilio Rúa, que presentou no Liceo da cidade, no marco do Foro La Región, onde tamén falouse da poesía galega na música actual.

A presentadora de Telemiño Tamara Pérez, encargada de conducir o evento, invitou ao cantautor a comezar o acto cunha canción. Rúa non dubidou. "Eu non son bo locutor para expresar este traballo se non é cunha canción". E, ao piano, arrancou con "María Soliña", de Celso Emilio Ferreiro. " É unha letra que non se sabe moi ben a quen está adicada, pero eu creo que o está a unha muller de espíritu libre", aclarou.

O músico confesou que se decidiu a facer un disco integramente de poesía porque "sempre estivo presente na súa obra". No "Cantares, poesía galega" hai poemas de ilustres das letras galegas coma Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro, entre outros.

Precisamente, con "Negra Sombra", continuou o seu repertorio, nesta ocasión á guitarra. "So con lela daste conta da grandeza que encerra cada palabra, é inevitable para un cantautor non empregar esta poesía. É ouro nas mans. Creo que amosa a nostalxia que cada un levamos dentro", explicou Rúa ao remate da canción.

O novo traballo do cantautor de Riós é unha homenaxe á poesía clásica, pero tamén recolle poemas de autores de hoxe. "Os poetas que temos hoxe en día, que son moitos os que seguen a facer poesía, tamén debían estar presentes neste disco porque a poesía actual ésta viva e é moi necesaria nos tempos que corren", matizou. 

Entre estas novas cancións atópanse letras de autores contemporáneos coma Manolo Rivas. "A música tamén podería englobar a outros poetas. Nun futuro, que siga facendo discos, por que non facelo só con poetas actuais?", preguntouse o cantautor abrindo a porta a unha segunda edición deste "Cantares". 
 

Te puede interesar