Movemento pola Base non irá á Asemblea Extraordinaria por crer que ‘mata a militancia individual’

O Bloque delegará en 1.500 militantes a elección do candidato á presidencia da Xunta

El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana
A inmensa maioría dos membros do Consello Nacional do BNG (86%) aprobaron onte elexir por delegados ao candidato á presidencia da Xunta de Galicia na próxima Asemblea Extraordinaria. Asemade, votaron para ampliar o número de participantes neste foro de 1.200 a 1.500. A proposta contou ca oposición de ‘Movemento pola Base’, que representa ó 10% de Bloque, que considera que a medida desarma ó BNG coma fronte ‘mata a militancia individual’ e converteo nun partido político ó xeito.
O 86% do Consello Nacional do BNG acordou que a Asemblea Extraordinaria do cinco de outubro elixirá por delegados ao candidato á Xunta de Galicia e ampliarase o seu número de 1.200 a 1.500 por demanda dos bases nos debates comarcais. Así o explicou o coordinador executivo da formación nacionalista, Francisco Jorquera, quen mostrou a súa satisfacción polo ‘alto grao de respaldo’ a esta proposta que modifica o modelo de votación da militancia. Ante o anuncio de Movemento pola Base, que representa a preto do 10 por cento do Bloque, de que non acudirá a esta Asemblea Extraordinaria por entender que a modificación do sistema ‘mata a militancia individual’ en favor da colectiva’, Jorquera insistiu en que o cambio obedece á maior dimensión organizativa do BNG, aínda que expresou ‘o seu máximo respecto por calquera opinión’ e reiterou que este modelo ‘resiste calquera comparación’ co que emprega calquera outra forza política galega ou estatal.

Reacción

Miguel Anxo Abraira, de Movemento pola Base, avanzou que esta corrente nacionalista non acudirá á Asemblea Extraordinaria por entender que este cambio de regulamento supón ‘unha fractura moi importante’ no BNG porque outorga ‘menor participación á militancia’.

Abraira indicou que ‘son os militantes os que teñen que ter voz e voto’ e este novo modelo atenta contra ‘o espírito do BNG’ e fai que camiñe cara a un partido político cando en realidade é ‘unha fronte’. Tamén alertou de que algúns militantes históricos ‘e con recoñecemento social’ se están formulando abandonar a formación.

Jorquera expuxo que o consello Nacional tamén ultimou o informe político que debaterá na asemblea e apuntou que o BNG ‘ten claros os seus obxectivos’ e considera que ‘se dan as circunstancias para ter un aumento significativo, tanto en votos coma en deputados’, nas próximas eleccións autonómicas.

Te puede interesar