Na manifestación en Santiago os nacionalistas reclamaron 'máis capacidade de autogoberno'

O BNG proclama que 'Galiza é unha nación, sen apelidos'

Miles de personas reivindicaron nas rúas de Santiago de Compostela o'orgullo de ser unha nación', con motivo da manifestación convocada polo BNG para conmemorar o Día da Patria Galega que, como é habitual, transcurriu dende a Alameda ata a praza da Quintana polas rúas do casco histórico da cidade. 'Galiza é unha nación, a secas, sen apelidos', proclamou o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quen asegurou que 'só terá futuro se ten capacidade real de autogobernarse'. Así, advertiu de que se na Constitución 'non caben as nacións', haberá que conseguir 'outra Constitución' e outro 'modelo de Estado' e proclam
'Galiza é unha nación, a secas, sen apelidos', proclamou o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quen asegurou que 'só terá futuro se ten capacidade real de autogobernarse'. Así, advertiu de que se na Constitución 'non caben as nacións', haberá que conseguir 'outra Constitución' e outro 'modelo de Estado' e proclamou: 'Ou ben a soberanía é compartida ou os pobos camiñarán cara á total soberanía'.

'Dignidade, nación, autogoberno'. A suma deles é, para Guillerme Vázquez, 'igual a benestar' e así manifestouno no seu discurso ante as decenas de miles de manifestantes -20.000 segundo a organización, entre 10.000 e 15.000, segundo a Policía- que participaron na manifestación para reclamar máis capacidade de goberno para Galicia. 'Nós non aceptamos o corpiño nin os límites, non renunciamos á nación, á lingua nin ás competencias', sentenciou.

Así as cousas, o líder nacionalista recalcou a necesidade dun novo Estatuto para Galicia e que sexa de 'primeira'. 'Quen teña a tentación de consolidar a Galicia en segunda división, que o pense, porque non só traizoará a este país, senón que terá que explicarllo ao pobo galego', avisou e apostilou que 'non contarán coa complicidade nin o silencio do BNG'.


'NON HAI UNIDADE'

Pola súa banda, o ex voceiro nacional do BNG e líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, proclamou que é 'indispensable' recuperar 'o modelo de articulación de todas as lecturas diferentes dun proxecto común', co obxectivo de sumar 'e non restar, nin dividir, nin monopolizar a ideoloxía do nacionalismo'. 'Debería ser para a unidade, pero neste momento non hai unidade, é indispensable recuperar o modelo de articulación de todas as lecturas diferentes dun proxecto común de autodeterminación', asegurou.

Te puede interesar