COSTUMBRISMO

As mellores frases dos avós galegos

As frases dos nosos avós
photo_camera As frases dos nosos avós
'Polo pan baila o can', 'Marcho que teño que marchar', 'Outra vaca no millo' e outras expresións que resumen a filosofía dos nosos sabios

En cada aldea ou pobo de Galicia, xeracións enteiras de sabios foron conformando o seu particular libro de estilo. Un compendio de frases, sentenzas e expresións clarividentes e con gancho, perfectas para que os mozos, na sobremesa da comida do domingo, deámonos conta de que os avós galegos son os nosos mellores coaches.

>"Hoxe non estou nada ben" (A típica resposta ao "Que tal avoa?" mentres a saúdas dándolle dous bicos)

>"Estás de bon ano" (Se che din isto, preocúpate, é posible que gañases algún quilo ultimamente. Mellor non tomes prostre)

>"Mentras falas non comes" (Coa comida non se xoga)

>"Non deixedes a vergonza do galego" (En alusión ao último anaco de carne asada que queda na bandexa)

>"Seguro que quedaches con fame. Fágoche un bisté?" (Un clásico tras acabar o segundo prato, mentres tentas buscar un pouco de aire desabrochando o cinto)

>"Bótame só a metade d'iso" (Outro must das avoas, á hora de servir as racións de torta. Por suposto, despois acabará repetindo unha ou dúas veces máis)

>"Non me cabe nin unha cereixa" (Os avós coñecen os seus límites)

>"Quedei coma un pepe" / "Quedei coma un reló" / "Comin coma un bispo..." (Ah, a satisfacción do deber cumprido)

>"Aproveitade, que destas Nadal/Entroido/Semana Santa/... non paso" (A miña avoa leva dicindo isto dende aproximadamente 1997, mentres saca a pasear a carteira para dar propina aos netos)

>"De hoxe nun ano/ Deiquí nun ano/... " (Os brindes dos avós galegos)

>"E que cho reparta ou corpo"  (Outro clásico das sobremesas)

>"Xa comín vou durmir" /  "Marcho que teño que marchar" / "Xa é moita hora" (Porque os avós galegos, cando queren irse á súa casa ou a botar a sesta, vanse)

>"Come, estuda e faite bo" / "Ou aprobas ou vas coas ovellas ao monte" (Os seus plans educativos son sinxelos)

>"Tose pr'alá" (Moito antes da crise da COVID, eles xa tiñan os seus propios protocolos sanitarios)

> "Veña home veña" /  "Me cago na cona que che pariu" / "Pasa que ceas" / "Mal raio che parta" (Ollo cos cabreos dos avós, ollo)

> "Non sexas badanas

>"Agora xa foi"

>"Chegar e encher

>"Madia leva"

>"Pon roupa interior limpa" (...Porque nunca sabes cando terás que ir a Urxencias)

> "Outra vaca non millo" (Outro que tal baila!)

>"Amiguiño si, pero a vaquiña polo que vale" / "Polo pan baila o can" (A desconfianza, algo moi de aquí)

>"Malo será" / "E ti, de quén ves sendo?" / "Nunca choveu que non escampase" / "Manda carallo" (Catro frases que están no noso ADN)

>"Xa viña ben unha auguiña" (Afeitos á choiva, os avós miran co xesto torcido ao ceo se pasa máis dun día sen que aparezan as nubes)

>"Que non falte traballo" (Moito antes da crise, a cuestión laboral era preocupación número 1 no CIS das aldeas galegas)

>"Morra o conto" (Bo final para pechar calquera discusión)

>"Nin arre nin xo" (Es-pa-bi-a)

>"Con sentidiño" (A frase clásica de calquera avó mentres ve ao seu neto coller as chaves para saír o sábado á noite)

>"Quen ten cú ten medo" (Unha reflexión vital que ríete ti de Boyhood)

Te puede interesar