Crean a terceira eurorrexión en importancia polo seu tamaño

Galicia, Castilla-León e Portugal alíanse na UE

Alfonso Rueda, na visita que realizou a pasada semán ó recinto feiral de Silleda. (Foto: VICENTE PERNÍA)
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou onte ante o Parlamento Europeo e a Comisión Europea o proxecto de crear a macrorrexión das Rexións do Sudoeste Europeo (RESOE) para potenciar a cooperación socioeconómica entre Galicia, Castilla-León e o Norte de Portugal e optar a captar máis fondos de cohesión comunitarios cos que cofinanciar proxectos a partir de 2014, cando a Comisión Europea quere dar máis peso aos proxectos de cooperación transnacional.
Rueda asegurou a creación desta macrorrexión é posible 'grazas á boa base de cooperación' que manteñen as tres rexións 'dende hai anos' e responde a unha iniciativa 'moito máis ambiciosa' que a de 'obter axudas da Unión Europea' para cofinanciar proxectos en rolda de prensa tras manter senllas entrevistas cunha delegación da eurocámara e co responsable da Comisión Europea para cooperación interrexional e estratexias macrorrexionais, José Antonio Ruíz de Casas, para presentarlles a iniciativa.

O proxecto de macrorrexión centrarase en aumentar as conexións e conectividade entre as rexións, a protección do medio e na promoción da riqueza, os tres eixes da iniciativa e espera que contribúa así mesmo para reforzar a cooperación interrexional en sectores como o da automoción, téxtil, madeireiro, agroalimentario e turístico, así como para promover a mobilidade laboral.

Rueda explicou que xa se crearon seis grupos de traballo entre as seis rexións para identificar a súa posible cooperación en educación, universidades e investigación, industrial; medioambiente, mobilidade laboral, cultura e turismo.

Ademais, o conselleiro explicou, que o obxectivo final é lograr crear 'a terceira grande macrorrexión da Unión Europea' en torno aos países do Arco Atlántico despois das do Danubio e a do mar Báltico e, para iso, esperan que ao proxecto presentado 'se sumen as rexións francesas do arco atlántico, non soamente as costeiras, senón todas as que proxectan a súa actividade económica, cultural e outras actividades cara ao Atlántico'.


FÓRMULA AXEITADA

'Tanto os eurodeputados como o responsable do Executivo comunitario trasladaron ao conselleiro que a macrorrexión proposta 'é unha fórmula axeitada' para tratar de captar fondos comunitarios de maior contía a partir de 2014 cando, co arranque das novas perspectivas financeiras, Bruxelas comezará a primar fundamentalmente os proxectos transnacionais.

Ao respecto, Rueda adiantou que resulta 'difícil' anticipar os fondos comunitarios que Galicia e o resto de rexións poderían captar para proxectos transnacionais e explicou que espera que o proxecto de macrorrexión estea a funcionar completamente noutros dous anos. 'Levamos un ano, quédannos outros dous', explicou.

Te puede interesar