DÉFICIT PÚBLICO

Galicia, unha das únicas tres comunidades que cumpren o obxectivo de déficit en 2015

La economía gallega se sitúa en el 0.57% del PIB

Galicia foi, xunto con Canarias e País Vasco, unha das tres únicas comunidades autónomas que cumpriron o obxectivo de déficit en 2015, ao pechalo no 0,57%.

Do lado contrario, Cataluña rematou o exercicio cun déficit do 2,7%, seguida por Extremadura co 2,64%, por Murcia co 2,52% e a Comunidade Valenciana co 2,51% do PIB, moi por enriba do obxectivo do 0,7% establecido para o exercicio, segundo os datos do Ministerio de Facenda feitos públicos este xoves. Así, solo Galicia (0,57%), Canarias (0,54%) e País Vasco (0,69%) cumpriron.

O Goberno vai obrigar as comunidades que incumpren a aprobar un acordo de goberno de non dispoñibilidade para garantir que os recursos de financiamento extra que recibirán este ano non sirvan para financiar novo gasto, senón o que xa está previsto e están a executar este ano.

"Non se trata de instar a que recorten senón a que non aumenten gasto público" sobre o que xa están a facer", dixo o ministro en funcións, Cristóbal Montoro, para recordar que as autonomías van recibir este ano 10.000 millóns de euros máis dos Presupostos Xerais do Estado que en 2015.

Ademais, farase público mensualmente o cumprimento da regra de gasto por parte das autonomías, esa obriga de non gastar máis do que se ingresa, para o cal os interventores dos gobernos autonómicos terán que informar tamén mes a mes a Facenda.

Montoro asegurou que comparecerá ante a Comisión de Facenda do Congreso, a petición propia, para explicar estes plans e datos. "Temos que adoptar medidas por esa desviación demasiado significativa (das comunidades), seguindo a recomendación que é xa advertencia da Comisión Europea o 9 de marzo", engadiu.

En canto ás corporacións locais, recoñeceu "o grande mérito" de que pasaran do déficit ao superávit nesta lexislatura. "Fixeron un gran servizo. Hai máis de 8.100 concellos e presentan este saldo tan positivo, quere dicir que non por ter un número de administracións é incompatible con estar saneado en España. Cando algúns pretenden suprimir entidades tan saneadas, podíanse fixar noutras", dixo o ministro, nunha mensaxe contra a supresión das deputacións formulada por PSOE e Ciudadanos.

Te puede interesar