Gonzalo Caballero pide explicacións por carta a Feijóo sobre o rebrote da Mariña

"Feijóo non mantivo ningún contacto dende que se coñeceu o rebrote; unha falla de transparencia e información que Feijóo mantén así mesmo co principal partido da oposición", afirman

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE, reclamou por carta o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que "informe da situación da covid na Mariña lucense e que tome medidas para conter a propagación do virus nesta área".

Despois de contactar cos alcaldes socialistas da Mariña, o candidato a Xunta salientou que "Feijóo non mantivo ningún contacto dende que se coñeceu o rebrote; unha falla de transparencia e información que Feijóo mantén así mesmo co principal partido da oposición".

Nese senso, o PSdeG engade que "as informacións dispoñibles son moi graves porque estímanse cerca de cen contaxiados e un millar de confinados, pero os alcaldes e alcaldesas carecen de información detallada e suficiente, subliñou Gonzalo Caballero, quen xa remitiu a misiva a Feijóo para urxir a que informe e tome as medidas oportunas, porque ata agora non aportou información e non houbo xestión fronte aos rebrotes".

Te puede interesar