Sito Miñanco sae hoxe de permiso e Oubiña ten que regresar ao penal

Jose Ramón Prado Bugallo, 'Sito Miñanco', e Laureano Oubiña, ambos condenados por narcotráfico e veciños de Cambados, crúzanse nos seus camiños de entrada e saída das prisións onde cumpren condenas para gozar dun permiso, segundo informaron fontes das institucións penais.

A Oubiña termínalle nesta tarde e polo tanto terá que regresar ao penal de Palencia, o que está facendo de forma tan escrupulosa que incluso adianta a hora de chegada.

Farao, como estabeleceu o xuíz de vixilancia penal, acompañado pola súa filla.

'Sito Miñanco', pola súa parte, deixará hoxe a prisión de Alxeciras en que cumpre a condena despois de estar na de Huelva, para gozar dun permiso de seis días.

Ademais outra das persoas condenada por narcotráfico, Josefa Charlín Pomares, filla do patriarca do clan dos 'Charlíns', esgota as últimas horas do seu primeiro permiso despois de ser condenada a 32 anos de prisión por trafico de drogas e branqueo de capitais.

O xulgado central outorgoulle un permiso de catro días fixando unhas medidas especiais e ten que comparecer cada día nun xulgado.

Mañá terá que retornar ao penal de Salamanca onde está cumprindo a pena.

Te puede interesar