RABO DE NUBE

O gato Oskar

20180104181538617_result

“Extranos sucesos navales” é unha obra de víctor San Juan, él mesmo mariño e namorado do mar que fala, entre outras historias,da do gato Oskar, cazador de ratos no acorazado bismarck

De todas as historias que compoñen este libro, imprescindible para quen amamos o mar, ningunha como a do gato Oskar, cazador de ratos no acoirazado “Bismarck”. Si, o famoso barco alemán que provocara o mandato imperioso de Sir Winston Churchll. “Sink the Bismarck!”. Orde seguida pola escuadra británica que arrodearan a mítica nao como manada de lobos ata destruila.


San Juan fala tamén deses expolios “made in Odyssey Explorer” nos pecios onden xacen tesouros


Da desfeita zafara Oskar, quen andivera logo por diferentes navíos da Royal Navy, fuxindo de percances varios, lavrando así fama de afortunado, para uns, ben que para outros de gafe. Pero tampouco me disgustan as aparicións de buques a boiar sen tripulación ningunha, e a bordo todo en orde, cal o “Mary Celeste” ou de submarinos boiando entre a néboa, empuxados polo mar, deica ficar varados nunha praia, cal eses cetáceos que fan o propio de maneira recorrente nas areas galegas (por exemplo). Historia impresionante, máis dramática que a de barcos embarrancados en illas ou illotes, subidos nelas como xenetes no trebón. Así o “Maverick II”, nas Pitiusas. Non, o “Costa Concordia ”non se deixa ver neste libro delicioso de Víctor San Juan, el mesmo mariño (¿el como non?) e namorado do mar –pleonasmo case sempre- mais como “guest star” inevitable, Mais si sae o mitico Paco “el de la bomba”. A de Palomares, a que puxo a Fraga Iribarne en “meyba”, a demostrar que a costa almeriense non era tan perigosa como facía agoirar a caída das bombas de hidróxeno nas súas augas. 

20180104181538429_resultPor suposto que San Juan fala tamén deses expolios “made in Odyssey Explorer” nos pecios onde xacen os tesouros expoliados previamente por españois e portugueses nas Indias. Como o da “Mercedes”, cargadiña de prata, hoxe no Museu Arqueolóxico, de Madrid, logo dun preito ou querela cos expoliadores (de hoxe). Hai máis neste libro, claro, colisions de buques da fachendosa Armada Británica no tempo da Raíña Victoria, fronte da costa africana, con vitimas a esgalla, monstros mariños, o mítico “kraken”, un supoñer, a facer falcatruadas para abraio e arrepío de quen o viron ou creran velo. E así sucesivamente nun libro de lectura obrigada para quen medramos, literariamente, con  Verne, e fumos logo seguindo os pasos de Joseph Conrad ou o Benito Pérez Galdós, de Trafalgar.

Te puede interesar