actividade

Cualedro acollerá a VII ruta “Señor do Larouco"

Amaya Álvarez, Luciano Rivero, Montserrat Lama, Eduardo Castro e Bernardino González_result
photo_camera Amaya Álvarez, Luciano Rivero, Montserrat Lama, Eduardo Castro e Bernardino González, durante a presentación.

O evento deportivo terá lugar o día 17 de setembro

 sétima andaina do "Señor do Larouco" dará a coñecer a riqueza paisaxística e patrimonial do municipio de Cualedro o vindeiro día 17 de setembro, cun traxecto de dificultade media baixa de 18 quilómetros por camiños de terra. A saída da andaina será ás 9,00 horas desde A Chaira, por terras da Xironda, e rematará no mesmo lugar. A participación na andaina é gratuíta e os interesados poderán anotarse no Concello de Cualedro (988.42.40.04) ou na tenda Multisport de Verín (600.41.00.18) ata o vindeiro sábado 16 de setembro. “Polo de agora contamos con máis de cen inscritos”, dixo Luciano Rivero, alcalde de Cualedro.

Eduardo Castro, un dos organizadores, asegurou que é “a andaina máis bonita que se fai por aquel entorno e na que nos xuntamos sempre máis de cen persoas”. A presidenta da Asociación de Senderismo Ruta das Augas, Amaya Álvarez, animou a todo o mundo a participar nesta “proba sinxela e retomar a costume de subir de novo a Larouco”.

Te puede interesar