Gerardo Seoane centrarase no impulso económico de Verín

Gerardo Seoane, candidato á alcaldía de Verín
photo_camera Gerardo Seoane, candidato á alcaldía de Verín
Os socialistas buscan unha terceira lexislatura no Goberno local

O PSdeG-PSOE vén de anunciar a Gerardo Seoane como candidato á alcaldía de Verín de cara aos comicios electorais do 28 de maio. Seoane Fidalgo busca a súa terceira lexislatura co obxectivo de “seguir desenvolvendo a actividade económica no municipio, un dos eixos fundamentais para o futuro de Verín e a súa comarca”, sinala o actual rexedor verinés. 

Os socialistas verineses tratarán de acadar un terceiro mandato para poder continuar avanzando en numerosas frontes: “O noso traballo, que comezamos fai dúas lexislaturas, aínda non está completo e queda moito por facer”, anota Seonae. Para os vindeiros catro anos, o PSOE de Verín quere xerar “novos postos de traballo,a  maiores dos que xa se están xerando, que son un total de 140 nestes momentos”, contabiliza o alcalde. 

En canto a actividade económica, Gerardo Seoane afirma que “vai ser o punto fundamental no que incidiremos na próxima lexislatura”, destacando que ademais da consecución de postos de traballo se van a sentar “as bases en cuestións principais como son o abastecemento de auga, a eficiencia enerxética, a ordenación do territorio e a formación de persoal”. Respecto a este último obxectivo, será  “clave” a implantación “dunha serie de becas sobre a actividade económica do noso concello e que nos permitan formar a profesionais”. 

Te puede interesar