Coronavirus en Ourense

Aever colaborou coa fabricación de pantallas

Unha mostra máis de solidaridade nestes tempos de emerxencia sanitaria foi a cadea solidaria posta en marcha en Verín para a fabricación de pantallas de protección da que formou parte a Asociación de Empresarios de Verín (Aever). Concretamente, fabricáronse 1.700 unidades.

A iniciativa partiu de algúns particulares e profesionais que dispoñen de impresora 3D, en colaboración coas institucións educativas de Verín. 

A asociación de empresarios de Verín foi un dos apoios deste grupo, xa que dende o principio, entre varios dos seus socios  e o persoal técnico da asociación, involucrouse na loxística e distribución das máscaras. Tamén na financiación do fío, a materia prima para fabricar a peza que suxeita a protección da cara. 

A asociación Aever mantén a súa actividade estes días,e traballa xa no desenvolvemento dunha plataforma de venta online comarcal para mercar no comercio local.

Te puede interesar