Hostelería

As axudas á hostelería de Verín partirán dos 300 euros

Uno de los establecimientos hosteleros de Verín.
photo_camera Uno de los establecimientos hosteleros de Verín. (FOTO: MIGUEL ÁNGEL)
Serán dun anticipo por esta cuantía e outra variable e prorrateada polos gastos derivados do peche

O Concello de Verín abriu este xoves o prazo para que os hosteleiros que se sumaron ao peche voluntario -que se estenderá do 13 ao 22 de outubro- co obxectivo de frear a propagación do covid na vila poidan recibir unha serie de axudas para paliar os danos derivados desta situación

Serán beneficiarias, dunha banda, as persoas físicas que sexan titulares dun café-bar no concello  de Verín e que sexan traballadores autónomos incluidos no réxime especial. Do mesmo xeito, terán que estar dadas de alta no correspondente réxime da Seguridade Social, contar co recibo do lixo do ano en curso que demostre que o local está activo e ter cesado a súa actividade conforme ao acordo consensuado adoptado polos hostaleiros de Verín a partir do pasado 13 de outubro de 2020 ás 20,00 horas. 

De igual xeito, poderán solicitar as mesmas axudas as persoas xurídicas titulares dun café-bar na vila do Támega e que cumpran cos mesmos requisitos que no caso anterior, así como co feito de ser sociedades legalmente constituidas.

As axudas 

Segundo unha comunicación oficial emitida polo Concello de Verín este xoves, as axudas ás que poderán sumarse os hostaleiros que pecharon as súas portas o pasado martes 13 dividiranse en dúas clases: un anticipo fixo de 300 euros que xa se pode solicitar dende onte xoves e ata o vindeiro día 31 de outubro, e un importe económico variable prorrateado en base aos gastos fixos do establecemento durante o período no que se acometeu o peche e que teñen que ver co alugueiro ou hipoteca do establecemento, salarios, seguridade social ou subministros. Neste último caso, as prestacións deberán solicitarse a partir da data na que finaliza a medida, é dicir, o vindeiro venres, día 23 de outubro de 2020. O periodo límite para optar a elas rematará o próximo día 23 de decembro de 2020.

Declaración responsable de peche

Os hostaleiros que queiran acceder á concesión do anticipo fixo de 300 euros terán que presentar unha declaración  responsable de peche. No caso de que durante o período estipulado, o establecemento non cumpra as condicións de peche continuado, terá que reintegrar o importe do anticipo e non terá dereito á concesión do segundo importe. Para a concesión do importe económico variable, os funcionarios comprobarán, tal e como matizaron dende o Concello de Verín, que houbo resolución favorable para a concesión do anticipo. Do mesmo xeito, solicitarase á Policía Local informe que certifique o peche do establecemento durante o período estipulado. As solicitudes presentaranse presencialmente no concello ou vía telemática e ademais da documentación pertinente solicitaranse os datos para facer as probas PCR.

Te puede interesar