Os bares de Oímbra xa poden solicitar as axudas

Para acceder ás axudas será necesario estar dados de alta no réxime de autónomos e non ter débedas con Facenda, Seguridade Social e Concello

Logo da súa aprobación en Xunta de Goberno e trala publicación no Boletín Oficial da Provincia, os hostaleiros de Oímbra que, dadas as restriccións, non puideron atender no interior dos establecementos aos seus clientes dende o pasado 22 de outubro e ata o 4 de novembro, xa se poden acoller dende hoxe ao Plan Estratéxico de Subvencións do ano 2020. Trátase dunha axuda específica para bares que consiste na compensación do importe satisfeito da taxa de lixo correspondente ao exercicio 2020 e outra axuda económica correspondente ao importe do seguro de autónomo da seguridade social do mes de outubro. 

Serán requisitos estar dados de alta no réxime de autónomos e non ter débedas con Facenda, Seguridade Social e Concello.

Te puede interesar