O BNG demanda o portugués na Escola Oficial de Idiomas de Verín

Entrada al centro García Barbón de Verín. (Fotos: C.C.).
photo_camera O IES García Barbón, no que se imparten os cursos da Escola de Idiomas. (Foto: C.C.).
Os nacionalistas pediron que se abrira prematrícula

Noa Presas, deputada do BNG, reclamou onte na Comisión de Educación do Parlamento galego, ofertar a docencia de lingua portuguesa na Escola Oficial de Idiomas de Verín e abrir a prematrícula. Esta proposta foi votada en contra polo Partido Popular que consideraron que non existe suficiente demanda que xustifique abrir unha prematrícula, polo que o portugués non se impartirá en Verín.

Esta cuestión xorde tras unha recollida de firmas que se realizou en Verín na que se lograron 800 apoios. Algo que lembrou Presas na defensa da iniciativa recordando que “dificilmente sen oferta pode haber demanda, se queren comprobalo abran a prematrícula”. Como defenderon os nacionalistas na Comisión de Educación, “resulta absurdo vivir na fronteira con Portugal e ter que renunciar a un posto de traballo por carecer da certificación do título” pola imposibilidade dalgúns interesados de desprazarse a Ourense a estudar o idioma, lugar onde se oferta o portugués.

Noa Presas pediu ao PP “unha rectificación que cumpra a lei para o aproveitamento da lingua portuguesa dos vínculos coa lusofonía”. O BNG cualificou de “urxente”, ante o remate do actual curso, abrir unha prematrícula para comprobar cantas persoas estarían interesadas e “como punto de partida para incorporar esta oferta, porque existe unha demanda real”. 

Te puede interesar