MUNICIPALES

O BNG de Monterrei apostará por Alberto Rodríguez

O BNG de Monterrei encara a carreira das eleccións municipais do vindeiro 26 de maio "con moita positividade"

O nacionalista, Alberto Rodríguez.
O nacionalista, Alberto Rodríguez.
O BNG de Monterrei apostará por Alberto Rodríguez

Alberto Rodríguez, natural da localidade de Albarellos, encabezará a proposta do Bloque Nacionalista de Monterrei para a alcaldía. Baixo o lema "Agora si, agora Monterrei", os nacionalistas presentarán un programa electoral, no que priorizarán os problemas dos veciños dun Concello de 2.900 habitantes onde, din, "o abandono é evidente".  

"O importante é o contacto coas persoas, traballar por e para elas, preocuparse polos seus problemas, loitar contra o paro, a despoboación, a discriminación laboral que temos no concello", manifestou o candidato nacionalista. "O que non se pode é publicitar postos nos obradoiros ou en brigadas, e que sempre entren a traballar os mesmos", engadiu. 

O BNG de Monterrei encara a carreira das eleccións municipais do vindeiro 26 de maio "con moita positividade" e cunha lista "con novas incorporacións de xente independente e que quere loitar por ver medrar Monterrei".