Política

Caballero criticou en Verín a “censura" de Feijóo

Gonzalo Caballero, durante su visita al hospital de Verín.
photo_camera O líder dos socialistas galegos cun grupo de veciños de Verín que participan no peche.
Asegurou que a vila é unha referencia na loita en defensa da sanidade

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, visitou este venres aos veciños que continúan pechados fronte ás portas da Xerencia do Hospital de Verín á agarda de que aparezan os novos especialistas en Pediatría que permitirán que a reapertura do servizo de Maternidade Hospitalaria sexa unha realidade o vindeiro luns, día 3 de febreiro -data anunciada pola Xunta-. Neste senso, Caballero destacou a loita dos "profesionais e cidadáns comprometidos", que converteron a Verín en "referencia da loita en defensa da sanidade pública". 

Pero ademais, o secretario do PSdeG criticou na vila do Támega o intento do Goberno galego de "silenciar a liberdade de expresión" de todos aqueles que reclaman unha sanidade digna. "Ao fío desa mobilización clara e rotunda para frear un peche para o que alegaron criterios técnicos que eran políticos, e cos que acabarían pechando todos os paridoiros comarcais", o líder dos socialistas galegos censurou o intento de Feijóo de "calar a voz da cidadanía esixindo a retirada dos carteis contra o peche do paridoiro de Verín". Por este motivo, o voceiro dos socialistas pediu ao presidente galego "que recúe" neste xeito de proceder xa que "a cidadanía e os profesionais merecen poder defender o público dos seus recortes". 

Por outra banda, Gonzalo Caballero rexeitou o consentimento informado reforzado que "pretende impoñer Feijóo" para dar a luz en Verín e reclamou poñer fin a esa "estratexia de restar credibilidade aos profesionais e de de meter medo ás mulleres". Nesta liña, amosouse contrario "aos argumentos falaces" sobre a falla de pericia. Neste último punto coincidiu co xefe do servizo de Xinecoloxía de Verín, Javier Castrillo, quen dixo que a Xunta Xunta "non pode impoñer un consentimento en Verín diferente ao dos outros hospitais".

Te puede interesar