O Castelo acolle unha exposición con esculturas, pinturas e fotografías

monterrei (6)
photo_camera Xosé Rivada.
A mostra poderá visitarse ata o 1 de agosto de mércores a domingo, en horario de 11,30 horas a 19,00  horas

A sala de exposicións Hospital da Trindade do Castelo de Monterrei inaugurou este domingo unha nova mostra que mistura esculturas, fotografías e pintura, da man de dous artistas locais: Xosé G. Rivada e Adrián G. Salgueiro. 

Adrián G. Salgueiro expón a mostra de pintura “Melting Colors” e a fotográfica “Meridiano”. O artista traballa coa abstracción e a irrealización dos escenarios que captura a través de imaxes oníricas que transcenden na barreira da natureza e da imaxinación. Mentres, Rivada, cunha longa traxectoria con esculturas públicas ó longo do mundo e obras en importantes coleccións privadas, expón a mostra de “Escultopintura”, na que a figura do Cigarrón e a terra de Verín teñen o seu propio espazo.

monterrei (5)
Adrián Salgueiro.

“Uns 45 anos separan a data de nacemento de Rivada e Salgueiro, os que se xuntan en Monterrei por motivos artísticos con exposicións de dúas liñas ben definidas por ambos artistas, ofrecendo unha mostra completa”, explican dende a oficina de turismo, os que destacan o xogo da luz e a plasticidade das formas nas obras de Salgueiro e a fusión de materiais e dominio do cubismo nas esculturas de Rivada.

Todas as persoas interesadas en coñecer as obras poderán achegarse á sala de exposicións ata o día 1 de agosto, de mércores a domingo en horario de 11,30 a 19,00 horas ou pasando pola oficina de turismo de Monterrei.

Te puede interesar