FOTONOTICIA

Castrelo do Val mellora as instalacións de O Terrón

pabellón de castrelo do val, en o terrón. (Foto: concha caneiro)
photo_camera O pavillón municipal de Castrelo do Val. (Foto: C.C.).

O Concello de Castrelo do Val rematou o pintado das fachadas do centro multiusos da zona de O Terrón. A actuación busca, como explicaron dende o Consistorio,  corrixir os impactos paisaxísticos. Esta mellora do exterior do pavillón municipal levouse a cabo cunha inversión de 20.606 euros, dos que 15.424 proveñen dunha subvención concedida polo Instituto de Estudos do Territorio.

Esta instalación localízase nunha zona  de ocio e lecer para veciñanza e visitantes, na que o Concello continúa traballando actualmente para a mellora das súas instalacións. A última obra rematada en O Terrón foi a construción dunha pista multideporte ao carón das pistas de pádel. 

Te puede interesar