MONTERREI

O centro de día de Verín estreará novos servizos

20190705195351030_result
photo_camera Usuarios do centro de día Raiola.

"Aínda que inicialmente non estaba previsto ofertar estes servizos para a cidadanía que non sexa usuaria deste centro de día, o concello, dando resposta a numerosas petición", explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane

O novo centro de día do Concello de Verín Raiola disporá a partir do próximo 15 de xullo de dous novos servizos externos: Comedor social e lavandería. Aproveitando as instalacións anexas ás actuais, ofrecerá a posibilidade de que todas aquelas persoas con rendas baixas e que así o acrediten na oficina dos Servizos Sociais de Verín poidan acceder ao comedor social para xantar ou cear a un prezo máximo de 6 euros. Así mesmo, tamén estará ao dispor de toda a cidadanía un completo e económico servizo de lavandería.

"Aínda que inicialmente non estaba previsto ofertar estes servizos para a cidadanía que non sexa usuaria deste centro de día, o concello, dando resposta a numerosas peticións e consciente das necesidades económicas dalgunhas unidades familiares decidiu facelo", explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Os menús, que contarán cun primeiro prato, un segundo, postre, auga e café, estarán adecuados as diferentes patoloxías que acrediten os demandantes deste servizo, ademais de estar supervisados diariamente por un facultativo. A elaboración dos mesmos correrá a cargo da chef Begoña Vázquez, propietaria dos restaurantes locais Souto das Candeas e Regueiro da Cova.

En canto a lavandería poderá ser utilizada por as persoas que así o soliciten, sexan ou non usuarias do centro de día, e tamén terán ao seu dispor un completo servizo de lavado e secado por un prezo de 3,5 euros.

Te puede interesar