TERMALISMO

O Concello dará a coñecer a historia do termalismo de Verín

nota1_result
photo_camera Gerardo Seoane -alcalde-, Purificación Caldelas, Diego Lourenzo e Emilia Somoza. (CARLOS MONTERO

Organiza un ciclo de charlas que terá como agasallo a primeira botella de agua de Caldeliñas

O Concello de Verín presentou no día de onte o ciclo de conferencias "Termalismo de Verín, as orixes". Trátase dun completo programa de charlas de expertos relatores na materia co que o grupo de goberno pretende achegar a historia dun dos sectores históricamente máis significativos da vila de Verín, e do que "queremos que os seus habitantes se sintan de novo moi orgullosos", dixo o primeiro edil Gerardo Seoane.

Ademáis, os membros do Executivo aproveitaron a ocasión para presentar á sociedade unhas das súas iniciativas promocionais non só deste ciclo senón tamén do balneario de Caldeliñas, no que o Concello ten depositadas grande parte das súas expectativas por ser de titularidade municipal. Unha botelliña de auga presurizada mineiromedicinal será o agasallo de todos aqueles que asistan á charla de estrea, que terá lugar o vindeiro día 2 de marzo na Biblioteca Municipal da vila.

O ciclo temático tentará ofrecer aos asistentes unha visión do pasado máis remoto do termalismo en Verín -orixes ancestrais e o seu culto ao líquido elemento, ademáis da vinculación da auga á relixiosidade-, e tamén do seu pasado máis recente, centrado no tempo de esplendor dos balnearios y dos mananciais da vila. A estrea do programa correrá a cargo de Juan Antonio Fernández Rivero, un licenciado en Económicas pola Universidade de Málaga e coleccionista e historiador de fotografía histórica. Falará do fotógrafo da Casa Real española na época de Alfonso XII, Fernando Debas, que foi quen de ganar unha fortuna coa fotografía e invertila na adquisición do balneario de Caldeliñas e o manancial de Sousas, en 1887, convertíndose na orixe da lenda destes establecementos na vila.

O perfil do químico galego José Casares, precursor do desenrolo actual da ciencia química en España; a hidroloxía médica, as saunas da Idade do Ferro no Noroeste peninsular ou os cultos temais na Galicia antiga serán outros dos temas a abordar neste ciclo que terá continuidade, logo do día da súa presentación, os vindeiros 8, 9, 15 e 16 de marzo, esta última por video conferencia a cargo do profesor Francisco Díez de Velasco, da Universidade de La Laguna (Tenerife).

Te puede interesar