O Conservatorio de Verín visita Oporto

cmus verin en oporto
photo_camera Viaxe a Oporto.
O Conservatorio Profesional de Música de Verín celebrou onte a súa primeira excursión de fin de curso. Alumnos, familias e profesorado viaxaron a Oporto para coñecer a Casa da Música e visitar o centro histórico desta localidade portuguesa. Esta iniciativa foi todo un éxito, pois como amosan dende a organización, houbo moita participación. Con esta saída extraescolar, o alumnado e o equipo docente despiden o curso e danlle a benvida as vacacións de verán. 

Te puede interesar