Contacontos e manualidades na Biblioteca de Verín: cando e para quen

photo_camera Vídeo de arquivo dos voluntarios da entidade.
A cita celébrase este venres, de 18,00 a 19,00 horas

A Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza unha actividade para os máis cativos este venres, de 18,00 a 19,00 horas. Da man de varios voluntarios da entidade, os asistentes desfrutarán dun contacontos e realizarán diversas manualidades reciclando materiais, baixo o título “Contacontos ao carón do lume”.

Esta cita lúdica, que se enmarca dentro do programa de Voluntariado Cultural para o Fomento á Lectura, está dirixida aos socios da biblioteca verinesa con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos, sendo imprescindible a inscrición previa, debido a situación derivada do coronavirus.

Te puede interesar