Daniel Caneiro presentarase á alcaldía de Riós polo PSOE

Daniel Caneiro, candidato á alcaldía de Riós
photo_camera Daniel Caneiro, candidato á alcaldía de Riós

O PSdeG-PSOE vén de anunciar que Daniel Caneiro volverá a ser, por segunda vez consecutiva, o candidato socialista á alcaldía do Riós nas eleccións do 28 de maio. O candidato márcase como principal obxectivo “desbancar ao actual equipo de goberno que leva 30 anos mal gobernando o noso concello, e que nos últimos catro conseguiron o récord absoluto, que foi levar as arcas municipais a absoluta ruína”, dixo. 

Caneiro Villarino  anotou que nas próximas datas darán a coñecer o programa electoral, pero mentres fixa como meta “atender as reivindicacións que nos leva feito a veciñanza nas múltiples visitas que fixemos a todos os núcleos de poboación do concello”.

Te puede interesar