Monterrei

Detido en Verín un mozo con 767 gramos de marihuana

Monterrei

MONTERREI

Detido en Verín un mozo con 767 gramos de marihuana

O xoven foi detido e posto a disposición xudicial tras encontrar cinco bolsas cheas de marihuana

A Garda Civil de Ourense interceptou a un mozo de 22 anos que portaba 767 gramos de marihuana, e ao que detivo por un delito contra a saúde pública.

Segundo informou o corpo, axentes da Comandancia da Garda Civil de Ourense identificaron o municipio de Verín este venres a un vehículo marca Volkswagen conducido por F.G.L.G., de 22 anos e veciño da localidade.

No interior do turismo, os axentes localizaron cinco bolsas de plástico que contiñan un total de 767 gramos de marihuana. O mozo foi detido e posto a disposición xudicial.