Empresa

EmprendOU chega ata a comarca de Monterrei

Alcaldes da Mancomunidade coa deputada do Reto demográfico, Luz Doporto -no centro-.
photo_camera Alcaldes da Mancomunidade coa deputada do Reto demográfico, Luz Doporto -no centro-.
Neste proxecto concédense axudas de 675 euros a mozos emprendedores

O proxecto EmprendOU dirixido a afrontar o reto demográfico na provincia de Ourense por parte da Deputación, chegou onte ata a comarca de Monterrei da man da titular provincial de Igualdade, Benestar e Emprego, Luz Doporto. A representante institucional está a visitar as diferentes comarcas co obxectivo de explicar en cada unha de elas este plan dirixido ós mozos da provincia.

Neste senso, Doporto expuxo na aula de formación da Mancomunidade de Verín -onde estiveron presentes os alcaldes da zona e os seus técnicos de emprego- as liñas básicas desta iniciativa pola que se concederán axudas de 675 euros ao mes a aqueles xóvenes de entre 16 e 30 anos que presenten proxectos empresariais ou de autoemprego en concellos rurais de pouca poboación. A finalidade é que os mozos poidan crear o seu propio posto de traballo, ben de xeito individual, ou formando parte dunha persoa xurídica de carácter mercantil, e o fagan naquelas áreas afectadas polo que é "o gran desafío demográfico". Nesta liña serían, en total, 82 concellos os que se poderían beneficiar deste proxecto. 

Tamén participaron no acto un grupo de persoas integrantes dun obradoiro de emprego da Mancomunidade de Verín e que manifestaron "moito interese polo tema", segundo sinalou a propia deputada provincial.

Te puede interesar