A feira do 11 de agosto de Verín localizarase na rúa Canella Cega

As feiras mensuais de Verín localízanse, por norma xeral, na Alameda e Praza García Barbón. A do vindeiro xoves, 11 de agosto, deberase trasladar á rúa Canella Cega. Isto débese a que a localización habitual estará ocupada polos postos para a celebración da XV Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará os vindeiros días 12, 13 e 14 de agosto.

Como explicou Gerardo Seoane, alcalde de Verín, “ese día xa estará todo preparado ou en proceso para a Feira do Viño, polo que os postos da feira deberán situarse na rúa Canella Cega”. Esta rúa é o lugar escollido polo Concello -xa fai moitos anos- para celebrar as feiras mensuais cando a Alameda e a Praza García Barbón están ocupadas por outros eventos puntuais.

Te puede interesar