O Hospital de Verín acolle unha reunión a nivel galego de traumatoloxía

ángel lópez, traumatólogo del Hospital de Verín
photo_camera Ángel López, traumatólogo en el Hospital verinés.
Ángel López: "A infección de prótese articular xera unha gran alteración na saúde e calidade de vida do docente"

O Hospital de Verín acolle hoxe unha reunión da Sociedade Galega de Ciruxía Ortopédica e Traumatoloxía (Sogacot) á que asistirán medio cento de especialistas de Galicia e Portugal para afondar na tipoloxía, riscos e resposta ante a infección dunha prótese articular, evento pouco frecuente pero crecente ante o incremento de implantes, 1.993 o pasado ano só na área sanitaria de Ourense.

Esta reunión, chamada de intercongresos, tratará diversos aspectos, como a epidemioloxía, a prevención, criterios diagnósticos de infección, indicacións e contraindicacións, entre outros.

A reunión, organizada polo especialista do Hospital de Verín, Ángel López, desenvolverase durante toda a mañá da man de numerosos expertos: “A infección de prótese articular é unha entidade, por fortuna, pouco frecuente, pero que xera unha gran alteración na saúde e calidade de vida do doente que a sofre, sendo ademais tremendamente consuntiva de recursos económicos e clínicos”, sinala o doutor López. 

A incidencia destas infeccións varía entre o un e o tres por cento do total de próteses articulares implantadas, con variacións segundo o tipo de prótese, non si é un tema a ter cada vez máis en conta. “Os factores que máis inflúen, máis alá do propio acto cirúrxico, son os relacionados coas patoloxías do paciente, como a inmunosupresión e condicións previas”, engade López.

No distrito sanitario de Verín realizáronse o pasado ano un total de 146 intervencións para o implante de próteses articulares, dun total de 1.993 en toda a provincia. As máis numerosas, tanto en Verín como en Valdeorras e Ourense, son as de cadeira, 812 no conxunto da área sanitaria, seguidas das de xeonllo, 778,e moi por debaixo as doutras articulacións, con 403 intervencións. 

Te puede interesar